lunes, 30 de marzo de 2009

A VISTA DE PAXARO TEMA VI


Para as mulleres é moi difícil conciliar a vida laboral coa familiar, o qué traballar fora con dereito a un soldo e coidar dos fillos e da casa, pero á maioría parécelle que a xornada laboral é longa e non teñen tempo para a casa nin tempo libre, e nalgúns casos teñen que deixar o emprego para adicarse ao fogar. Aquí unha medida foi a de promover axudas familiares para poder traballar fóra e atender aos nenos nas garderías.

Na miña opinión é unha boa medida e xunto a esta acurtaría o horario da muller traballadora para que poida atender a familia e a casa, e poida disfrutar dos seus fillos, porque para éles é moito tempo lonxe da familia e pechados nas garderías. Tamén propoñería a formación de máis garderías e cuns prezos máis adsequibles.

Por outra banda fálanos do traballo no fogar, unha boa pregunta sería: ¿como se pode retribuir?, e a resposta ideal sería que de moitas maneiras, pero entre nós, todos sabemos que isto nunca vai suceder, ao igual que nunca se vai poder igualar o traballo da muller ao do home; pero unha medida sería con axudas ou que iso se teña en consideración á hora das pensións de xubilación, aínda que sexa moi pouco, sempre ven ben e é un gran apoio ás mulleres que non puideron traballar por coidar dos fillos e pola atención do fogar. Pero sendo realistas isto nunca chegará a suceder e as mulleres sempre seremos o sector máis perxudicado en todos os casos. Ou ¿vos que opinades?

viernes, 23 de enero de 2009

ACTIVIDADE 11

MANEL FAI 138 HORAS EXTRAS AO ANO SEN CONTAR FESTIVOS E VACACIÓNS, CANDO TIÑA QUE FACER UN MÁXIMO DE 100 HORAS. A EMPRESA TEN FIXADOS 12 DÍAS AO ANO COMO FESTIVOS CANDO DEBEN SER 14 DÍAS FESTIVOS AO ANO. PODE PAGAR AS VACACIÓNS SEMPRE E CANDO O TRABALLADOR ACEPTE. SE SON 30 DÍAS NATURAIS: SON UN MES. SE SON 30 DÍAS LABORAIS: SON 30 DÍAS DE TRABALLO. SE SON 30 DÍA HÁBILES: SON 30 DÍAS MENOS DOMINGOS E FESTIVOS

miércoles, 7 de enero de 2009

ACTIVIDADE 2


actividade 2 do tema IV, O CONTRATO DE TRABALLO

martes, 9 de diciembre de 2008

O Autoemprego


Unha boa posibilidade de autoemprego neste sector da educación infantil sería a de crear a túa propia gardería, xardín de infancia, ludoteca, bebeteca,etc., en fin hai infinidade de proxectos adicados á ensinanza de nenos e nenas en canto se fala de autoemprego.

Crear algo sempre é difícil pero moi remunerado e satisfactorio porque podes facer os teus proxectos e organizar o tempo e o traballo dos nenos como nos desexemos sempre cos límites da lei e mirándo polo ben e polo futuro dos nenos e nenas que nos poñen nas nosas mans porque o noso é o seu futuro, temos que facer o mellor para éles e de paso creamos novos postos de traballo e favorecemos ás mulleres e homes que queren traballar fóra do fogar e non poden porque non teñen con quen deixar ó neno e teñen que basarse na axuda interxeracional ( os avós). Así conseguimos máis prazas para os nenos de 0 a 3 anos ou de 0 a 6 anos.

Título a traballo desexado


Na vida hai que perseguir o que se desexa e para o que tes vocación, para poder traballar no que desexas e realmente che gusta tes que ir adquirindo formación ó longo da vida e sempre terás que aprender novas cousas.

Para poder traballar no que che gusta tes que ter unha formación mínima e seguir adquirindo novos coñecementos e novos títulos para poder promocionar no teu posto de traballo porque sen unha titulación na actualidade non das atopado un posto de traballo.

No noso caso como educadores infantís non poderiámos traballar sen unha titulación porque para dar clase necesítanse uns coñecementos e unha especialización básica para poder cubrir as necididades dos pequenos tanto as asistenciais como as educativas.

Por todo isto recomendo encarecidamente a todos que estudedes e vos formedes no que realmente vos gusta para que un día no futuro nos volvamos atopar e estemos traballando no que nos gusta e poidamos decir que as nosas espectativas profesionais (espreo que as persoais tamén) estén plenamenmte satisfeitas.


Saúdos a todos queridos compañeiros e tende estas palabras miñas en conta que vos axudarán sempre e son un moi bo consello.

o home na educación infantil


Nos primeiros anos de vida,os nenos crean un vínculo especial coa súa nai. a figura feminina convértese nun referente para o menor, que lle aporta seguridade,sosego e un apego afectivo moi importante. pero esa relación veise amiazada cando o pequeno empeza a ir á gardería ou ó colexio, un entorno novo cuns coidadores que non coñece, esta adaptación é bastante rápida en todos os nenos porque atopan na coidadora a unha segunda mamá por iso 9 de cada 10 profesores en educación infantil son mulleres.

Tamén os homes teñen un punto importante na actualidade en canto á educación infantil por vocación, dedicación e esforzo, pero ¿teñen as mulleres máis vocación para este traballo ou os homes?

A resposta é fácil e clara grazas os datos dos universitarios que aspiran a adicarse laboralmente a educar ós menores nos que indican un aplastante SI.

según nos di unha decana: "supoño que as mulleres teñen máis predisposición a traballar con nenos pequenos. Iso foi sempre así. Desde logo é unha profesión que require grandes dosis de adicación e paciencia".

Pero os homes están reclamando a igualdade de xéneros e espérase que no futuro nos atopemos con homes na educación infantil.

Na miña opinión todos podemos valer tanto homes coma mulleres sempre que sintamos a vocación da docencia en nenos e teñamos as calidades necesarias para este posto de traballo.

Oportunidades educativas e de empleo na UE


A Unión Europea constitúe un marco propio para a mobilidade estudantil, de profesorado e de investigadores e preténdese garantir o acceso libre e igualitario de oportunidades. Neste sentido preséntanse moitas oportunidades de ofertas contando con un Programa de Acción no campo da aprendizaxe permanente, todo esto permite un intercambio de coñementos e habilidades.

O ámbito laboral é un campo un pouco máis deficitario, xa que ten unha baixa taxa de emprego tanto na participación de mulleres como de traballadores de maior idade, por iso un dos obxectivos que se intentan levar a cabo é aumentar a taxa de emprego, incrementar o número de mulleres empregadas e reducir os incentivos nas xubilacións anticipadas.

En resumo, a UE é un marco perfecto que nos ofrece unha gran cantidade de oportunidades que non debemos desaprobeitar.