lunes, 30 de marzo de 2009

A VISTA DE PAXARO TEMA VI


Para as mulleres é moi difícil conciliar a vida laboral coa familiar, o qué traballar fora con dereito a un soldo e coidar dos fillos e da casa, pero á maioría parécelle que a xornada laboral é longa e non teñen tempo para a casa nin tempo libre, e nalgúns casos teñen que deixar o emprego para adicarse ao fogar. Aquí unha medida foi a de promover axudas familiares para poder traballar fóra e atender aos nenos nas garderías.

Na miña opinión é unha boa medida e xunto a esta acurtaría o horario da muller traballadora para que poida atender a familia e a casa, e poida disfrutar dos seus fillos, porque para éles é moito tempo lonxe da familia e pechados nas garderías. Tamén propoñería a formación de máis garderías e cuns prezos máis adsequibles.

Por outra banda fálanos do traballo no fogar, unha boa pregunta sería: ¿como se pode retribuir?, e a resposta ideal sería que de moitas maneiras, pero entre nós, todos sabemos que isto nunca vai suceder, ao igual que nunca se vai poder igualar o traballo da muller ao do home; pero unha medida sería con axudas ou que iso se teña en consideración á hora das pensións de xubilación, aínda que sexa moi pouco, sempre ven ben e é un gran apoio ás mulleres que non puideron traballar por coidar dos fillos e pola atención do fogar. Pero sendo realistas isto nunca chegará a suceder e as mulleres sempre seremos o sector máis perxudicado en todos os casos. Ou ¿vos que opinades?

2 comentarios:

jesus g. amillo dijo...

Ika: penso que eres demasiado pesimista, o artigo é demasiado pesimista tamén.....

53.iria lópez lópez dijo...

jesus g. amillo: xa o sei, pero non é pesimismo senón realismo... de todos modos non me gustou como me quedou o artigo, penso que fun moi extremista...